martes. 19.05.2026
El tiempo

Nova mobilización este martes en Cee ante os ataques israelís á Flotilla da Liberdade

Mobilizacion cee flotilla palestina
Nova mobilización este martes en Cee ante os ataques israelís á Flotilla da Liberdade

Este luns, o exército israelí volvía realizar un asalto sobre a Flotilla da Liberdade nun perímetro de 250 millas náuticas e dentro da zona SAR de Chipre, desprezando o dereito internacional e secuestrando 6 persoas galegas. Un novo"acto de piratería" segundo denuncian dende os colectivos Global Sumud, e COAP Costa da Morte, que volve convocar un acto para visibilizar a situación que vive estaa expedición humanitaria este martes 19 ás 20:00h na Praza 8 de marzo.

Lembran que os activistas serán trasladados a unha prisión flotante e despois a Ashdod.

Comentarios