Novedosas becas da Fundación e o IES Fernando Blanco
Segue a Fundación Fernando Blanco dando pasos cara o futuro. A entidade, que ademais vén de abrir un espazo no Facebook vén de convocar, da man do IES Fernando Blanco, unha becas-premio para algúns dos mellores expedientes do curso 2011-2012. Uns alumnos os do centro ceense que veñen de demostrar a súa valía clasificándose para a final do certame Young Bussines Talents.
Estas becas-premio chegan co gallo da celebración dos 125 anos da inauguración dun centro educativo de tal referencia na comarca como é o I.E.S. Fernando Blanco.
Con elas trátase de lembrar que o obxetivo do fundador do centro foi a construcción, na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuia finalidade era a correcta formación dos alumnos da comarca, buscando con elo que éstes non tivesen as carencias formativas que el, e outros tantos coma el, tiveron nas súas infancias. Que mellor maneira de recordar este feito que a través dunhas becas - premio que leven o seu nome, destinadas a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.
Colaboración do tecido empresarial de Cee
Iso si, dende a Fundación queren deixar claro que estas becas - premio son posibles grazas á colaboración desinteresada dos seguintes establecementos: Estación de Servizo Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Librería Trazos, Fersi Papelerúa, Aurora Sport, Cabo Sport e Grupo Santitel.
Aquí vemos a Julio César López Vázquez, Xerente da E. S. Bazarra asinando o convenio con Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema. Bazarra aportará 1.000€ para as becas, para xuntar entre os 7 establecimentos a cantidade de 2.500 €.
Máis información
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
- Un grupo de alumnos do IES Fernando Blanco na Final do Young Business Talents.
- O IES Fernando Blanco precisa melloras aos seus 125 anos.
- Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado.
- Un museo para 125 anos máis.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).