Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica

Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica
Boa resposta municipal á concentración de apoio ás demandas das traballadoras e traballadores o vindeiro sábado día 12 de novembro ás 17 horas en Cee.

Por Vimianzo

Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - acaba de sacar un bando animando á cidadanía a apoiar as reivindicacións do cadro de persoal das factorías de Ferroatlántica en Dumbría e Cee. No bando explícase que o Comité de Empresa de Ferroatlántica está a desenvolver distintas accións para evitar que a entidade segregue as actividades industriais e as de produción de enerxía. Esta segregación suporía, de facto, o peche das factorías de Dumbría e Cee. "Este peche tería un custo social moi elevado na comarca, pois nas ditas factorías xenéranse ao redor de 400 postos de traballo directos" sinala o alcalde de Vimianzo no bando.

Por Mazaricos

Este venres será o pleno en Mazaricos onde o BNG levará a cabo unha moción de apoio aos empregados das centrais hidroeléctricas Cee-Dumbría xestionadas por Ferroatlántica S.A.

Dende Fisterra

Dende o Concello de Fisterra a través das redes sociais tamén animan "a todos os veciños/as a acudir a concentración convocada polo Comité de Empresa de Ferroatlantica de Cee-Dumbria centráis hidroeléctricas", entendndo que son de "interese público" e que é necesaria garantir os postos de traballo.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios