luns. 05.05.2025
El tiempo

O BNG de Cee critica que hai demasiados plenos no Concello e pide rebaixar os soldos

O BNG de Cee critica que hai demasiados plenos no Concello e pide rebaixar os soldos
pleno cee

Critica hoxe o BNG de Cee o gasto en plenos. O último será extraordinario, sobre a fábrica de tubos, añgo que segundo o BNG "é unha lástima" , pois "algo que debería ser apoiado unanimente pola corporación, pase a ser bala de fogueo entre oposición e goberno". E clarexa: "A necesidade de postos de traballo e de actividade económica no concello, deben estar por enriba das diferenzas ideolóxicas, en caso de habelas, no caso do que falamos".

Entende ademais o BNG estes plenos extraordinarios só deberían levarse a cabo no caso de seren necesarios. I é que cada concelleiro cobra 100 euros por acudir, aos que hai que sumar os outros cen por ir a comisión previa pertinente. Isto fai que o custe de cada pleno sexa como mínimo 1500 euros ao mes.

"Nesta ocasión, van ser outros tantos euros para tratar un tema xa mais que falado, no que ademais case todas as decisións non son do concello, se non competencia de Portos de Galicia", destaca o seu voceiro Serxio Domínguez.

É por isto que dende o Bng de Cee, solicitan "cordura a goberno a oposición, a uns para que reduzan os honorarios a cobrar, cando menos nun 50%, aos outros, que non pidan plenos para tratar temas que se poden tratar en plenos ordinarios". Ademais, piden que "tanto uns como outros, cedan o que van cobrar nesta ocasión, deixándoo nas arcas do concello, ou, se non fose posíbel, cedéndoos para necesidades básicas dos ceenses".

"O contrario, fará que o goberno tome decisións recadatorias tan pouco afortunadas como a instalación do radar fixo en Camiños Chans", reflexiona Domínguez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios