mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG de Cee reclama a demisión total dos Concelleiros non adscritos

O BNG de Cee reclama a demisión total dos Concelleiros non adscritos
 Os-3-edis-Santos-Graino-Maria-Jose-Fanidno-e-Dani-Oca-xa-son-non-adscritos-tras-ser-expulsados-do-BNG

Nova volta de folla na actualidade política política municipal de Cee. Trala renuncia dos concelleiros non adscritos a seguir formando parte do goberno, dende o BNG esixen agora a demisión total dos seus ex compañeiros no BNG. 3 edís que foron expulsados do BNG por pactar co PP e realizar a moción de censura para sacar a Vigo da alcaldía.

Segundo o BNG, "os concelleiros non adscritos deberían cumprir aquilo que dixeron no seu día: Si fracaso, abandono".

Entenden dende o BNG que "o abandono de Daniel Oca do seu pacto co PP evidencia a correcta actuación do BNG cando advertiu da incoherencia e acto de deslealdade cos votantes nacionalistas e procedeu a expulsalo".
Ademais, critican algunha decisión á fronte do goberno como a "privatización" da Escola de Música ou a "privatización das Escolas infantís, ou que "as obras que antes criticaba por seren sempre empresas de fóra do concello, seguiron sendo cubertas polas mesmas empresas, incluso polas implicadas na operación Orquestra e seguiron a facelo a dedo".

Así e todo dubidan da veracidade da ruptura e denuncian que agora estean aproveitando a súa posición "para manter o grupo tránsfuga e buscar acomodo noutras forzas políticas cara as vindeiras eleccións".

Así, "demandan de Daniel Oca e do resto de concelleiros que presenten a dimisión e renuncien as actas de concelleiros que pertencen aos votantes de Cee e ao BNG, lista na que se presentaron".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios