O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas
07:15 09/02/17
A portavoz do BNG - Ana Pontón - reuniuse cun nutrido grupo de representantes dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica
Co anuncio da venda ilegal das centrais do Xallas enriba da mesa, a portavoz do BNG - Ana Pontón - anunciou onte que o Bloque baralla pedir a intervención da Fiscalía ante a pretensión de Ferroatlántica, - mesmo comunicada á CNMV- de proceder á venda das centrais hidroeléctricas do Xallas, e advirte que se o goberno da Xunta insiste en ignorar esta pretensión ilegal pode incorrer en prevaricación.
“Feijóo, tan locuaz noutros temas, garda mutismo cando están en xogo centos de empregos na Costa da Morte en lugar de explicarlle a Ferroatlántica que non se van vender as minicentrais do Xallas. É moi mal sinal. Alármame que Villar Mir diga publicamente que vai facer algo que é ilegal, como di unha sentenza xudicial, e aquí non pase nada”, explicou Pontón na súa visita á central instalada no Ézaro onde mantivo un encontro cunha nutrida representación dos e das traballadoras.
“Ao mellor imos ter que pedirlle á Fiscalía que investigue e dicirlle ao PP que se mira para outro lado e non toma cartas no asunto podería incorrer en prevaricación”, salientou a dirixente do BNG.
Pontón puxo como último exemplo dese silencio o feito de que onte mesmo o PP vetara no Parlamento a proposta do BNG de aprobar un pronunciamento unánime da Cámara en contra da segregación e venda das centrais, “dando un paso atrás e demostrando a súa falta de compromiso co emprego na Costa da Morte”.
Postos de traballo en risco
Na visita a Dumbría deixou claro que o BNG “vai remover Roma con Santiago” para evitar a venda, “auténtica espada de Damocles sobre o futuro da comarca da Costa da Morte, porque todos e todas sabemos que se venden as minicentrais quedan en risco centos de traballo, por iso pedimos firmeza ante ao que sería unha ilegalidade”, explicou.
A dirixente nacionalista tamén advirte sobre a impunidade na que parece instalada a empresa: “Villar Mir xa se sacou a careta, porque ademais de anunciar a venda di con claridade que é para facer caixa para o seu grupo, e non estamos dispostos a que se especule cun ben público e que un empresario madrileño faga negocio a costa dun recurso deste país, parécenos intolerable e impresentable”, alegou.
Pontón anunciou que o BNG volverá levar o asunto ao próximo pleno xa que o considera un tema clave para toda unha comarca “e queremos escoitar a opinión de Feijóo sobre a intención de Villar Mir de especular cun ben público deste país”, concluíu.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])