O fisterrán acusado de roubar nun bar de Cee cunha barra de ferro demostra a súa inocencia
06:27 20/03/18
Hai 15 días a Garda Civil procedía a deter a un veciño de Fisterra por un suposto roubo cunha barra de ferro nun bar de Cee. Un caso que acaba de ser sobreseído.
O acusado, R.L.F., defendido pola avogada Margarita Lamela, ve como o Xulgado de Instrución arquiva todas as causas contra el, unha vez comprobado que o acusado estaba en Valladolid o día do suposto delito. Unha versión corroborada con fotos e tickets de compra así como o rastreo do seu teléfono móbil e o testemuño de varios familiares e amigos.
Deste xeito, R.L.F. non descarta iniciar actuacións xudiciais contra a demandante, a camareira M.B.V.R., que presentou a denuncia o 23 de febreiro sendo os feitos o día 12.
Novas relacionadas
- Detido un fisterrán por un presunto roubar un bar de Cee ameazando a camareira cunha barra de ferro.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)