O IES Fernando Blanco decide mañá os premios ao Saber
Mañá venres 22 de xuño de 2012 terá lugar no Salón de Actos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee a gran final da primeira edición do concurso “O Saber ten Premio no IES Fernando Blanco”, na que participarán 3 equipos finalistas integrados por 5 alumnos cada un. Durante o curso celebráronse varias eliminatorias entre os 9 equipos inscritos, das que resultaron os 3 equipos finalistas: The Big Bang Theory, Los Primeros e Sebolas.
O concurso consiste en responder, de forma correcta, a 20 preguntas seleccionadas ao chou de entre máis de 600 elaboradas por todos os departamentos didácticos do instituto e convertidas nun xogo informático polo profesor Martín Pardiñas. Posteriormente celebrarase un debate entre os dous equipos que acaden a maior puntuación.
O concurso e a gala da final, que terá varias actuacións musicais, estará presentada por María Canosa Blanco, xurado e presentadora no concurso da TVG “Cifras e Letras”, ademais de escritora e colaboradora de varios medios de comunicación. Tamén acudirá unha representación da Consellería de Educación.
Os gañadores recibirán premios para os 3 equipos finalistas están dotados con 600 € para o 1º clasificado, 400 € para o 2º e 300 € para o 3º clasificado, gracias ao patrocinio de Ferroatlántica.
Así, dende as 10:00h a música, o xogo e o debate combinaranse para completar unha xornada completa, que rematará a golpe de blues da man dos mestres Javi Turnes e Rafa Mississipi.
Novas relacionadas
- Fin de semana de emotivas graduacións con estilo norteamericano nos institutos de Cee e Ponteceso.
- O Saber ten premio no IES Fernando Blanco.
- Un Instituo Olímpico.
- O Concurso de Murais de Lar rescatou os Fondos Mariños.
- Un mar de verbas e libros en Cee polas Letras Galegas.
- A Escapardura de Javi Turnes en QPC publícase en papel.
Fonte
- Nota de prensa do IES Fernando Blanco.