Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco precisa melloras aos seus 125 anos

O IES Fernando Blanco precisa melloras aos seus 125 anos

Así o comprobaba onte, mércores 1 de febreiro de 2012, o Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana Leira, na súa primeira visita instituciona ao IES Fernando Blanco de Cee. I é que os seus 125 anos de historia xa pesan.

Como nos explica a propia directora do centro Chelo Trillo, "o motivo da visita, unha das primeiras que efectúa Indalecio Cabana quen leva pouco tempo no cargo, foi o de constatar as deficiencias que existen nalgunhas das instalacións do histórico edificio que acolle o instituto".

Entre as decisións que tomaron está a de "acometer a construción duns baños novos nos talleres dos ciclos formativos de Electricidade e de Mantemento, en substitución dos actuais que estaban moi deteriorados. Tamén se realizará unha mellora das cubertas do edificio, así como outras pequenas reparacións necesarias neste senlleiro edificio da comarca", segundo nos explica.

Curso de adultos

Así mesmo, segundo nos informa o Xefe de Estudos de Adultos, Samuel Castro Juíz, o centro abre o módulo II de Educación Permanente para Adultos no I.E.S. Fernando Blanco de Cee. Así que os interesados poderán formalizar a matrícula entre os días 6 e 10 de febreiro de 2012. As clases comezarán luns 13 de febreiro de 2012.

Artigos de Darío Areas sobre Fernando Blanco de Lema

Tesouros da Fundación

Fonte

  • Nota de prensa da man da Directora do IES Fernando Blanco, Consuelo Trillo Lage.

Comentarios