Venres. 19.04.2024
El tiempo

#ELECCIÓNS

O Pactómetro: Cee

O 15 de xuño teñen que estar constituídos os novos plenos de cara á nova lexislatura. 9 dos 18 Concellos costeiros vivirán unha prácida entrada, onde teñen maioría absoluta o PSOE (Camariñas, Dumbría, Muxía e Ponteceso), BNG (Carballo, Mazaricos e Zas) e PP (Cabana e Laxe).

Quedan pois pendentes dos posibles pactos, ou de gobernos en minoría os seguintes concellos: Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo.

Xa vimos como está a cousa en CarnotaCorcubión, Fisterra, Muros, MalpicaVimianzo. Hoxe toca irmos ata Cee.

Candidatos no Concello de Cee
Ata 5 candidatos entran en posibles quinielas para fomar goberno: Ramón Vigo (IxCee), Antonio Domínguez (PP), Margarita Lamela (PSOE), Serxio Domínguez (BNG) e Juan Ramón Hermida (Cs)
O Pactómetro: Cee

Cee: Bipartito, tripartitos ou goberno en minoría

Deu o PSOE un importante envorco ás Municipais en Cee. Subiu case de 2 a 4 concelleiros, con máis de 600 votos, practicamente os que perdeu o ata agora grupo de goberno IxCee, que cambiar o posto cos socialistas e pasa a ser terceira forza por detrás do PP de Antonio Domínguez. O BNG tamén subiu un concelleiro e Ciudadanos conseguiu manter o seu renovado edil, deixando fóra a Adrián Leira (Partido Libertario) e Víctor Somoza (Unión Cidadá Galega) por apenas 20 votos cada un.

O normal, despois de tantos anos de disputas, sería esperar un goberno en minoría do PSOE con Margarita Lamela como alcaldesa, deixando dous ex alcaldes de forte carácter como Vigo e Domínguez na oposición. Pero a realidade é que Cee é o típico feudo no que pode pasar de todo. Xa se teñen visto gobernos das forzas menos votadas como aquel de CDS de Manuel Castro os anos 1987 e 1991 co apoio de PP e BNG. Ou aqueles anos nos que Lamela (pai) gobernara co apoio tácito, non oficial, de Domínguez antes daquela moción de censura de 2001 entre PP e IxCee. Ou mesmo, non hai tantos anos mocións de censura e gobernos formados por PP e BNG. Por iso, o ruxe ruxe na vila da Xunqueira non para.

As matemáticas dan varias posibilidades: por un lado un goberno entre PSOE e PP; por outro un tripartito PSOE-BNG-Cs; ou pola contra, un hipotético PP-IxCee-Cs. Gobernos que poderían rematar pronto se ao longo da lexislatura volve soar a campá da moción de censura.

No seo da forza máis votada, Margarita Lamela, valora moi positivamente os resultados, como non podería ser doutro xeito, unha vez que o PSOE venceu en todas as mesas menos en Lires. “Creo que é o recoñemento ao traballo realizado na oposición máis que a onda a #PedroSánchez, que é certo que axuda, pero o máis importante é o día a día. Houbo votantes de PP e IxCee que votaron a PSOE, polo recoñecemento ao traballo realizado e pola necesidade de cambio”.

Sobre posibles coalicións, Margarita ten claro que a idea vai ser gobernar en minoría. “Non me prantexo negociar. Si que vou falar con todos os número 1 pero cunha toma de contacto, pero non para pactar, porque teño o deber de facelo con consenso e con diálogo, porque así quero gobernar”. Nese sentido, sobre a posibilidade de facer un tripartito, sinala “poderá ser que sexa o tripartito pola dereita, pero un PSOE-PP non, e un PSOE-BNG-Cs tampouco”.

Dende o BNG, Serxio Domínguez, non cren posible ningún pacto de goberno, despois de todas as problemáticas xurdidas coa “familia” do PSOE durante estes anos na oposición, pero en todo caso considera que terá que sero grupo socialista o que dea o primeiro paso para sentarse a falar, “se é que queren propoñer algo”.

Sobre as dúas posibilidades que atinxen ao PP, Antonio Domíguez é rotundo. “Díxeno claro, Oo PP de vai deixar gobernar ao PSOE e vai facer oposición responsable. Eu creo que ten que gobernar Margarita. Eu non falei a falar con ninguén que non sexa do meu partido, só lle mandei a Margarita un mensaxe felicitándoa e dicíndolle que pode contar con nós para sacar adiante. Cando o PP é goberno, o PSOE ten que estar na oposición, e ao revés. Pero que quede claro que nós imos facer gobernable o Concello. Ela ten que funcionar pero nós non imos bloquear o goberno”, sinala.
Sobre o tripartito PP-IxCee-Cs, Domínguez sabe que Ciudadanos formulou unha liña vermella que era non investir ao candidato do PP, despois dos problemas internos que levaron a ese grupo de ex populares a arrasar co partido que creara Plácido García Insua. “É practicamente imposible”, sinala Antonio, que tampouco considera viable os rumores que sitúan a Juanra Hermida (Cs) como posible alcalde apoiado por PP e IxCee. “Se descarto rse tripartito facéndome alcalde a min, se non son eu alcalde xa nin che conto. Darlle a alcaldía a outro non o vai facer o PP nin de coña”, sentenza con rotundidade e franqueza.

Sobre o seu futuro, Domínguez sabe que agora non pode deixar o grupo. “Eu, por suposto, non me vou presentar máis, pero vou seguir con estes potente grupo formado, e quero darlle a miña experiencia durante unha boa temporada antes de deixar paso”, explica.

Todas as novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios