Venres. 29.03.2024
El tiempo

Oficina de Turismo: Pechada por vacacións

Oficina de Turismo: Pechada por vacacións
O turismo na Costa da Morte é de traca. Menos mal que é un dos motores económicos do futuro e xa do presente. Pero a falta de profesionalidade e a falta de implicación das administracións fai levar as mans a cabeza máis dunha vez. Ben é certo que temos bos exemplos, como as experiencias formativas dos profesionais de Camariñas mesmo devolvendo á vida un espazo tan simbólico como o Faro Vilán; ou os bravos de Cruceros Fisterra que levan un verán a toda máquina, con ata 5 e 6 saídas diarias. Por certo, atentos que o vindeiro día 9 fan a festa de fin de verán, baixo a gran lúa chea; o incrible traballo dos trasn@s co Camiño dos Faros; ou mesmo o gran traballo do Grupo Insua durante todo o verán e a creación dunha nova Axencia de viaxes para atraer turistas, e mesmo para informalos como Punto de Información. Todas de índole privado ou civil. Oficina de Turismo de Corcubion pechada por veran

Pero lamentablemente son as malas experiencias as que máis nos dan que pensar. A máis grave pode ser a espera a que o CMAT, o ente que en teoría vai xestionar o xeodestino Costa da Morte empece a funcionar, pois xa van 8 meses dende a súa presentación aló por decembro pasado. 8 meses dende a súa creación, pero tras 4 ou 5 anos de perda de investimentos pola falta de unidade do sector.

Un dos últimos despropósitos o comprobamos en Corcubión, onde unha das escasas oficinas de turismo da Costa da Morte, a que rexentaba a APTCM, estivo pechada durante todo o verán por falta de orzamento. Un Punto de Información Turística sinalizado dende que entras na comarca fisterrá, e son os veciños, e algún (non todos) hostaleiro responsable (e listo), os que acaban facendo de improvisados guías. Pero é que o Punto de Información máis importante debe ser o Faro Fisterra, o maior foco de visitantes de toda a Costa da Morte. Un Faro Fisterra esquecido, e no canto de contratar aos mellores profesionais para que abran as portas de todos os tesouros da bisbarra aos visitantes, é unha mágoa ver como as persoas contratadas non son as máis axeitadas nin contan coas mellores condicións, deixando así escapar moitas veces a turistas que chegan, tocan a fin da terra, e marchan. Podemos quedarnos en Fisterra, onde o Museo da Pesca estivo sen luz durante un liongo tempo. Ou podemos falar da a tardía apertura das Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín cunha cando menos dubidosa adxudicación Temos outros que xa son un clásico das queixas dos hostaleiros da zona: a competencia desleal dos que van á caza do peregrino; a problemática coas tendas en Mar de Fóra, estes días alimentada por un roubo nunha casa do lugar; ou a cantidade de necesidades do Camiño de Santiago. De feito, o sector hostaleiro de Fisterra segue indignado dende hai anos por carencias tan evidentes como un carril para peóns e bicis no camiño ata o Faro. Os peregrinos teñen que pelexar cos coches para subir ao Faro-Foto-Xusto Fisterra

Boas prácticas no turismo costeiro

Malas experiencias

Fonte

Comentarios