Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
07:12 08/11/16
Semella que se van cumprindo os pasos que indicaba José Luís Louzán no seu cru artigo. Tocoulle aos grupos Parlamentarios, incluídos ao do PP, dicir non á segregación, a pesar de que seguramente xa estea todo o peixe vendido.
Por unha banda, o Comité de Empresa de Ferroatlántica mantivo onte reunións cos grupos parlamentarios do PSdG, En Marea e BNG co fin de informarlles sobre a ruína que suporá para a comarca a venda das centrais hidroeléctricas. Todos os grupos trasladaron o apoio ás reivindicacións dos traballadores e das traballadoras de Ferroatlántica, subliñando o importante impacto socioeconómico que suporía a segregación das centrais das fábricas de ferroaleacións.
Así explicaba a súa postura o voceiro de En Marea, Luís Villares.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/1885245828365647/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Os voceiros dos grupos tamén confirmaron ao Comité que van presentar diferentes iniciativas parlamentarias, ao tempo que solicitan a intervención inmediata do presidente de Xunta para desautorizar esta operación especulativa e paralizar calquera tentativa do Grupo Villar Mir neste sentido.
"En canto á iniciativa rexistrada polo grupo parlamentar do PP, entendemos que segue na liña do transmitido polo conselleiro de Industria na reunión co Comité, manténdose nunha ambigüidade intolerábel en canto á segregación das actividades", manifestan dende o Comité de Empresa. Así engaden que "nas actuais circunstancias non chegan as posturas tibias, a Xunta ten que ser firme na defensa dos empregos e non actuar como cómplice de Ferroatlántica".
"Se o PP non quere ser culpábel da ruína que para a comarca significarían o peche das fábricas e a destrución de centros de empregos ten que manifestarse inmediata e claramente contra a segregación das centrais, e actuar en consecuencias dende as súas responsabilidades á fronte do goberno galego" indincan os representantes dos traballadores.
Reunión co PPdeG
O Comité de Empresa de Ferroatlántica mantivo onte reunións tamén co grupo do PP Os membros do Comité de Empresa tamén se reuniron onte co portavoz do Grupo Popular - Pedro Puy - acompañado da viceportavoz - Paula Prado -. No encontro, Puy doulles a coñecer unha proposición non de lei rexistrada polo grupo Popular na que se insta a velar polo cumprimento da resolución administrativa pola que se autoriza a adquisición por esta empresa dos saltos do río Xallas e Grande, salvagardando os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e a competitividade da empresa. Puy salientou que “a prioridade, en calquera caso, é manter o emprego”, polo que sinalou que “calquera actuación da Xunta debe defender o mantemento dos postos de traballo”. A proposición non de lei contempla a condición de que “Non poderán segregarse de Ferroatlántica, S.L. as actividades de ferroalixes e de produción de enerxía eléctrica polas centrais as que se refire a presente autorización”. Puy incidiu en que o PPdeG “prioriza nestas cuestións o mantemento dos postos de traballo” de Ferroatlántica e avanzou que, “unha vez que vexamos quen é o responsable desta competencia no novo Goberno galego, será cuestión de falar de cousas máis concretas”.Artigos relacionados
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])