Os mariscadores amósanlle ao BNG o seu rexeitamento á fábrica de tubos

Onte, a eso das 21.30 da noite, rematou a xuntanza que o BNG e os mariscadores de Fisterra mantiveron na aula da confraría de pescadores. Foron dúas horas de debate intenso no que os mariscadores se queixaron da falta de atención da que sufren por parte das administracións. Desplazaronse ata Fisterra a tal efecto Bieito Lobeira (secretario xeral da organización) e Daniel Rodas (parlamentario do BNG en materia de pesca), nunha xuntanza enmarcada no programa "Fisterra por Mar e Terra" do grupo da oposición
Fábrica de Tubos

Comezou o debate, como non podía ser de outro xeito, coa polémica instalación da fábrica de tubos, da que os mariscadores xa nos enviaran a súa contraria posición. Os mariscadores seguían a ter dúbidas sobre a posición do BNG. Bieito Lobeira deixou claro que o BNG está a favor da fábrica de tubos, pero que "en ningún momento sacrificarán o recurso do banco marisqueiro nin se cederá á chantaxe dos postos de traballo. A administración debe velar por compatibilizar ambas actividades sen danar os recursos dos mariscadores, xa de por sí afectados por todo tipo de medidas restrictivas nas súas explotacións", indicou Lobeira.
O BNG presentou ademais, unha pregunta no parlamento no que "esixe ao goberno que aclare canto antes a situación e faga os cambios pertinentes, incluido o da ubicación, para poder evitar así o conflicto".
Neste senso tamén, o BNG insiste na recuperación do seno de corcubión e reparación do emisario da depuradora para a recalificación e que éste pase a ser zona B ou A (neste momento está calificado como zona C, co cal o marisco perde gran parte do seu valor).<
Máis problemas
Falaron tamén os mariscadores dos problemas que se están a atopar co centro de expedición e normas de control de salubridade que nestes intres obrigalles a manter o marisco 24 horas en observación, baixando moito a súa calidade e o seu prezo. Bieito comentou que "noutros lugares de europa existe un proceso químico homologado que en solo 3 horas, poría o producto en venta".
Os mariscadores, non faltos de ideas, mais si de colaboración, expuxeron tamén a súa preocupación polo
Rematouse cun debate sobre as posibilidades da extracción da ameixa con aire, (cos raños coller 16 kilos de ameixa por embarcación convírtese nunha odisea), a diversificación da producción cun reaxuste de cuotas que axude a non sobreabastecer e unha denuncia ao furtivismo, ademais das limitacións dos horarios.
Novas relacionadas
- O BNG de Fisterra propón ideas para revitalizar o agro e a pesca no programa FIsterra por mar e terra.
- Modesto Fraga tamén dimite como responsable local do BNG de Fisterra.
- O Presidente de Portos, único garante da chegada da fábrica de tubos de Cee.
- Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos.
Fonte
- Nota de prensa de Germán Martínez Traba, Portavoz Municipal e vicerresponsábel comarcal do BNG.