8 DE MARZO
O pleno de Cee ratifica o apoio á mobilización feminista do 8 de marzo

Cos votos a favor de BNG, PSOE e IxCee, a abstención do PP e o voto en contra do ex edil socialista Modesto Rivas, saíu o pasado venres aprobada unha moción municipal presentada polo BNG de apoio á reivindicación feminista do 8 de marzo.
O Concello ceense recoñece así o apoio ás mobilizacións galegas e nacionais do 3 de marzo, e a folga do 8 de marzo de 2019. Ao mesmo tempo a moción manifesta “a desaprobación da Xunta de Galiza por ter actuado de forma incorrecta vulnerando o dereito fundamental de folga diante do pasado 8 de marzo de 2018 e non ter impulsado unha rectificación das súas políticas, que contribúen á permanencia da desigualdade”. Ademais, a corporación ratifica “o seu compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial canto a violencia machista, o dereito ao aborto e a permisividade ou legalización dos ventres de aluguer”.
Novas relacionadas do 8 de marzo
- Cee traballa a igualdade polo 8 de marzo dende as escolas.
- Corcubión traballa o Día da Muller dende os centros de ensino.
- Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo.
Máis novas
- Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte.
- Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.