Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP aproveita a visita da Conselleira para confirmar a creación dunha Residencia de Maiores en Cee

PP CEE_Visita conselleira
O PP aproveita a visita da Conselleira para confirmar a creación dunha Residencia de Maiores en Cee

Aproveitou o PP de Cee a visista da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para o anuncio da posible creación dunha residencia de maiores con 100 prazas e 40 postos de traballo, como xa avanzara no #debateQPC.

A Conselleira achegouse á zona para visitar e recoñecer a profesionalidade e os coidados que reciben as persoas usuarias dos centros da Asociación Pro Enfermos Mentais (Apem) e de Aspadex para a atención a persoas con discapacidade intelectual.

Precisamente a residencia podería ir ao carón de APEM nas inmediacións do Paseo Alcalde Pepe Sánchez. “Con este proxecto, desde o equipo do PP de Cee queremos facer realidade unha demanda histórica non só da veciñanza do noso municipio, senón tamén de concellos limítrofes”, afirma o candidato á Alcaldía, Jesús Picallo. “Non comprendemos o motivo polo que ata agora desde o goberno socialista non se fixo absolutamente nada por ofrecer este servizo, sendo algo esencial e imprescindible no noso concello”, subliña Picallo. “De feito, a actual alcaldesa nin sequera contou co apoio do seu partido cando desde o organismo provincial se ideara a posibilidade de promover unha serie de residencias”, continúa Picallo, o que “demostra a falta de iniciativa de Margot Lamela”.

En calquera, caso ao remate das eleccións tocará comprobar se o compromiso da Conselleira é con Jesus Picallo ou co pobo de Cee.

Comentarios