Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PP de Cee critica o "afán recaudatorio" da subida de impostos do grupo de goberno

  • Os populares criticaron tamén a medida aprobada polo Goberno Local de instalar unha pista de xeo e uns hinchables no polideportivo municipal durante o período das festas de Nadal. “Consideramos que non é o mellor lugar para iso porque se perde unha oportunidade de dinamizar o comercio local se se situase na Praza da Muller”, explican
Jesus Picallo PP de Cee
Jesús Picallo durante a campaña
O PP de Cee critica o "afán recaudatorio" da subida de impostos do grupo de goberno

Comezo de lexislatura e parece o momento ideal para subir impostos, sexa cal sexa a cor política. Así aconteceu xa en Camariñas (goberno do PSOE), ou en Ponteceso e A Laracha (gobernos populares), onde os diversos grpos da oposición deixaron clara as súas críticas.

Acontece en Cee, onde é o PP de Cee carga contra a subida de impostos locais acusando á alcaldesa de poñer en marcha unha política con “claro afán recaudatorio”. O goberno local vén de implantar unha subida de impostos municipais –recollida de lixo, cemiterio, vados...- “Coa inflación polas nubes e cos prezos dos produtos de primeira necesidade máis altos que nunca, só á señor Lamela podíaselle ocorrer cargar con máis impostos aos veciños”, criticou Picallo, quen apuntou que o incremento dos prezos destes servizos municipais non se debe á mellora dos mesmos.

Para o voceiro popular, a medida aprobada no pleno extraordinario do pasado venres é un “novo exemplo” do lonxe que vive a rexedora ceense da realidade que sofren todos os seus veciños. “Primeiro non tivo reparos en incrementar o custo do Goberno Local poñendo os soldos máis altos da historia do municipio e agora non os ten en incrementar os impostos”, dixo Picallo.
O líder dos populares en Cee aproveitou tamén para facer fincapé en que os socialistas no puxeran sobre sobre a mesa estas medidas antes de concorrer ás eleccións municipais.
“Xa sabemos que no PSOE son moi de cambiar de opinión para camuflar as súas mentiras, pero esta subida de impostos é un engano absoluto a uns veciños que nestes momentos necesitan políticas que lles permitan poder chegar mellor a fin de mes tan e como fai a Xunta de Galicia coa rebaixa de impostos recollida nos seus orzamentos”, afirmou Picallo.

Comentarios