Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Cee formula o futuro do porto de Brens

PP Cee - Visita Rosa Quintana
O PP de Cee formula o futuro do porto de Brens

O candidato á Alcaldía de Cee polo Partido Popular, Jesús Picallo, recibiu na tarde deste luns á conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita que se estendeu pola zona do porto da vila ceense.
O líder dos populares en Cee explicou á conselleira as demandas actuais dos mariñeiros e pescadores do pobo, quen precisan unhas mellores condicións de traballo. “A xente do mar precisa de máis recursos e mellores condicións nas que realizar o seu oficio e hoxe, diante da titular da Consellería do Mar, damos voz a todos os mariñeiros, pescadores e mariscadoras que levan anos pedindo un cambio”. “No Partido Popular de Cee somos conscientes do que hai que mellorar no noso concello, e a ordenación do porto é un tema que temos sobre a mesa”, afirma Picallo. 

Planta de reciclaxe de barcos en Brens

Anunciaron a tramitación por parte de Portos da concesión por 20 anos para a construción dunha planta de desguace e reciclaxe de barcos na dársena de Brens. Cunha superficie de preto de 3.000 m2, lévase intentando instalar desde o ano 2006.

O PP critica que "desde o goberno socialista de Cee frearon esta iniciativa, que prevé xerar en torno a unha ducia de empregos. Na actualidade, Brokenboats está a executar as obras previstas no título concesional.

Comentarios