Mércores. 01.02.2023
El tiempo

Presentada a renovada xestora do PP de Cee

Presentada a renovada xestora do PP de Cee

Moi renovada presentouse onte a nova Xestora do PP de Cee no Hotel Insua. Unha xestora que pretende "combinar experiencia e renovación", como asegurou Diego Calvo, presidente da Deputación, que acompañou con Álvarez-Campana a Zaira Rodríguez na súa posta de longo como presidenta da Xestora.

Calvo afirmou que "o PP de Cee contará con todos os que nos trouxeron ata aquí, pero hai que dar paso á xente nova". Un Calvo que loubou a Zaira, da que asegurou que "xa entrou na historia como primeira alcaldesa de Cee e vai seguir facéndoa".

A propia Zaira quixo agradecer o "apoio prestado dende a Provincial", e apuntou 3 palabras que definen á nova xestora: "ilusión, esforzo e sentido común".

"Os deberes feitos"

Ambos aproveitaron para facer un balance das obras comprometidas polo goberno da Xunta, asegurando que chegan cos "deberes feitos". "Nesta lexislatura imos ter parador e imos ter autovía", aseguraba Calvo facendo referencia á visita do Conselleiro ás obras da VAC. E desmentiu as acusacións realizadas pola oposición nestas últimas semanas, sinalando que "non é verdade que os traballos da autovía paralizáronse, senón que simplemente a semana santa provocou que se retardase o ritmo da obra por mor do convenio da construción.

Ademais, Calvo aproveitou para recordar tamén "o crédito que acaba de conceder o ICO para proceder á construción do Parador de Muxía", que para o secretario provincial "referendou o compromiso do PP co parador".

Nova xestora de Cee

  • Zaira Rodríguez Pérez (Presidenta).
  • María Manuela Leis Caruncho (vocal).
  • María Isabel Fernández Durán (vocal).
  • Isidro Caamaño Trillo (vocal).
  • José Carlos Trindade San (vocal).
  • José Arturo César Ramón Casado (vocal).
  • Martín Jerónimo Trillo Domínguez (vocal).
  • María Teresa Sánchez Ferrio (vocal).
  • José Manuel Pérez Capelo (vocal).
  • Manuel Soto Domínguez (vocal).
  • Francisco Lago Branco (vocal).
  • Nicolás Díaz Varela (vocal).
  • Ana Belén Canosa Riveiro (vocal).
  • Cristina Guerreo Vigo (vocal).
  • Isabel Cano Sánchez (vocal).

Novas relacionadas

Fonte

comentarios