QPC publicará as obras premiados do Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco


O sábado 22 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee o acto de entrega dos premios do I Concurso de Relatos Curtos organizado pola Fundación Fernando Blanco, e que contou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra.
O concurso, centrado no tema da emigración, estaba dirixido aos alumnos/as dos centros escolares dos concellos de Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Recibíronse un total de 229 relatos en ambas categorías, e os premiados, que ademais poderán ver publicadas as súas obras en QPC, foron:
- Categoría A (2º e 3º Ciclo de Primaria):
- 1º premio: Clara de Ramón Ayala do Colexio Manuela Rial de Cee (150 € máis diploma).
- 2º premio: Teresa Cousillas Lema do CEIP Labarta Pose de Baio (100 € máis diploma).
- 3º premio: Adrián Canosa Pérez do CEIP da Ponte do Porto (50 € máis diploma).
- Categoría B (ESO):
- 1º premio: Estela Areas Pérez do Colexio Manuela Rial de Cee (150 € máis diploma).
- 2º premio: Nuria Vilariño Lema do IES Maximino Romero de Baio (100 € máis diploma).
- 3º premio: Adela Dios Touriñán do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (50 € máis diploma).
Ó acto de entrega acudiron os membros do Padroado da Fundación, e os premios foron entregados por D. Carlos Oliete, director das fábricas de Cee e Dumbría de FerroAtlántica, e D. Julio López Vázquez, xerente da Estación de Servizo Bazarra de Cee.
Novas relacionadas
- Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco.
- A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil.
- En marcha as Becas Fernando Blanco.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco