Xoves. 24.09.2020
El tiempo

A ceense Rocío Leira presentou "Veleno en familia" no Verán Cultural de Cee

Rocio Leira na praza Otero Lastres
Rocio Leira na praza Otero Lastres
A ceense Rocío Leira presentou "Veleno en familia" no Verán Cultural de Cee

A escritora ceense, Rocío Leira, despois de pasar a asinar na Feira do Libro da Coruña, estivo na súa vila natal presentando a súa novela Veleno en familia. Foi este sábado, 1 de agosto, Leira cando abría a programación de agosto na Praza otero Lastres, no marco da programación do Verán Cultural.

A escritora ceense, que xa ten outra novela na rúa, estivo acompañada pola activista da organización feminista da Costa da Morte Buserana, Esther Canosa, e pola directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquezque se encargarán de facer unha valoración crítica da obra.

As tres reflexionaron sobre como esta novela de suspense amosa variadas formas e consecuencias do patriarcado.

Rocio Leira na Feira do Libro de Cee2

Xa o domingo, foron Os Piñeiros os que levaron as versións de FRIK&PALDIS á praza, para deleite da veciñanza.

FRIK-PALDIS en Cee Os Piñeiros

Novas relacionadas

comentarios