Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O SAE denuncia ante Inspección a irregularidade no servizo de farmacia do HVdX

Hospital Virxe da Xunqueira
O SAE denuncia ante Inspección a irregularidade no servizo de farmacia do HVdX

”O servizo de farmacia do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee non ten supervisión presencial de farmacéutico polas tardes, os fins de semana e os festivos. Isto provoca que as funcións deste persoal se estean asumindo por parte dos técnicos de farmacia, os cales non poden realizar devanditos cometidos por propia definición, sendo que ademais están realizando estas funcións sen a supervisión necesaria e esixida”.

Así de sinxelo explícao a Unión Sindical e Técnicos Sanitarios (USAE) no seu escrito de denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo da Coruña. Xa en maio alertaban da irregularidade, e esta semana veñen de ratificala denuncia.

Lembran que os técnicos de farmacia están asumindo as seguintes funcións que non lles corresponden: “Firma de vales e dispensación de medicación sen supervisión; creación de carros unidosis para os fins de semana sen que sexan validados nin revisados por farmacéutico; validan e envían medicación a distintas unidades sen coñecer si existe interferencia farmacéutica, tanto nas quendas de tarde como nos fins de semana; modifican altas nas quendas de tarde e nos fins de semana; planifican e revisan os stocks das distintas unidades hospitalarias”…

No escrito, sinalan que “esta situación é coñecida e permitida polo Hospital, sendo que, malia as reiteradas solicitudes realizadas para que se proceda ao cese desta situación e tómense as medidas necesarias, non se levou a cabo ningunha actuación por parte do SERGAS”, cando califican a situación de “urxencia”.

Novas relacionadas

Comentarios