Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os traballadores de XEAL volven á folga

Imaxe dunha concentración ás portas da fábrica
Os traballadores de XEAL volven á folga

A pesar de berrarlle todas as consignas diante da porta, parece que na Xunta non dá escoitado. Por iso, o persoal de XEAL non ten outra que continuar coas mobilizacións pola aplicación do convenio propio e un plan industrial. Así, ademais de outras manifestacións, xa ten formulada unha nova xornada de folga de 24 horas para o 17 de novembro, que afectará ás tres quendas de traballo e a todo o persoal das fábricas de Cee e Dumbría e das Centrais Hidroeléctricas.

Paralemente, as mobilizacións seguirán o mesmo formato que as desenvolvidas durante setembro:

  • Xoves 6 e 20 de outubro, concentracións diante da fábrica de Brens (Cee) ás 17:15h.
  • Xoves 13 e 27 de outubro, manifestación en Santiago ás 10:30h dende o edificio administrativo da Xunta en San Caetano até as oficinas de Aguas.

Convenio

Lembran que no marco da negociación do convenio colectivo a empresa pechouse a chegar a un acordo no primeiro proceso de mediación (AGA) ante o Consello Galego de Relacións Laborais e posteriormente negouse a seguir negociando, rexeitando os novos procesos de mediación e arbitraxe instados polo comité, baixo a escusa de que estaba aberta a vía xudicial.

A pasada semana, o TSXG resolveu desestimando o conflito colectivo interposto pola parte social sobre o mantemento da ultravixencia do convenio, polo que o comité acaba de solicitar unha nova mediación no AGA para tentar desbloquear a situación e retomar a negociación do que sería o XIII convenio colectivo de XEAL. Un convenio de empresa que, subliña o comité, se mantivo no tempo cando os centros de traballo eran propiedade de Carburos Metálicos e despois 1992, cando pasou a ser Ferroatlántica.

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios