Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os traballadores de XEAL berraron as súas eternas demandas na orella da Xunta

2022-09-29_XEAL_Xunta_AugasDeGaliza00005 copia
Os traballadores de XEAL berraron as súas eternas demandas na orella da Xunta

Ata Santiago desprazáronse case un cento de traballadores das fábricas de XEAL para facerlles chegar á Xunta as súas eternas demandas. No marco dun conflito que leva anos sen solventarse, cunha empresa que parece esquecer as demandas dos seus traballadores e unha Xunta que fai oídos xordos, os traballadores quixeron asegurarse de que en Augas de Galicia escoitasen ben as súas queixas.

2022-09-29_XEAL_Xunta_AugasDeGaliza00003 copia

As tres pancartas son claras en canto as reivindicacións: “Non queremos especuladores da enerxía; si queremos industria na comarca”, en clara alusión ás intencións da empresa á deixar esmorecer ás fábricas de ferroaleacións e seguir facendo negocio coa enerxía hidroeléctrica; “Polo mantemento do Convenio Colectivo”, deixando claro a necesidade de retomar as negociacións unha vez que a empresa se pechou en banda e deixou sen efecto o convenio da empresa para asumir o convenio do sector; e “Xeal arruina a comarca, A Xunta cómplice”, demandando a internación da Xunta nun asunto tan importante para o emprego e para a economía de toda unha comarca.

2022-09-29_XEAL_Xunta_AugasDeGaliza00007 copia

Foi a terceira manifestación nos últimos 15 días pero nin Industria nin Augas de Galicia teñen respondido á petición de reunión por parte do Comité de Empresa. Nese sentido, o presidente do Comité Alfonso Mouzo, denunciou o “total escurantismo” da Xunta cara os traballadores e denunciou que “non nos quere dar información ningunha”.
Lembrou que hai un proxecto de rebombeo no monte da Ruña, no concello de Mazaricos, e que o persoal considera que “non é de recibo que a Xunta pretenda darlle outra concesión máis a esta empresa que non está a cumprir as condicións das concesións”.

Aproveitaron para volve incidir nas cifras dos máisde 30 postos fixos e 80 eventuais que se levan perdidos nas fábricas dende 2019, “o que supón un claro incumprimento dos requisitos das concesións que contemplan o mantemento da actividade industrial (a día de hoxe só hai un dos 5 fornos) nas fábricas de Cee e Dumbría, o mantemento dos postos de traballo e a actualización do convenio colectivo”.

Aí cabe lembrar tamén a senteza do TSXG de novembro de 2020, “onde se di claramente que hai que respectar a actividade industrial e os postos de traballo e manter o que había non se está mantendo”, apuntou.

Alfonso_XEAL_Xunta_AugasDeGaliza00001 copia
Alfonso Mouzo ante os medios

Así, mentres a Xunta siga coa súa política de “deixadez de funcións”, continuarán as mobilizacións van continuar até que haxa unha solución, tanto por parte da empresa como da Xunta, á que acusou de “clara deixazón de funcións” por non lle abrir un expediente. “É un fondo americano que nin sequera paga impostos no país, e debería facerlle cumprir coas súas obrigas, porque ten as competencias todas, tanto en Augas como en Industria”, concluíu Mouzo.

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios