Os Trotamúsicos fixeron bailar ao Entroido de Cee, o máis numeroso

Espectacular acollida ao Entroido de Cee. A elección nos últimos anos do Sábado de Piñata para a celebración do Concurso de Comparsas e Carrozas, permite que comparsas de toda a zona acodan a probar sorte nun dos últimos certames do Entroido. Ata 11, chegadas de Camariñas, Cee, Fisterra, Muros e Vimianzo, participaron. Un xeito de encher ata os topes dun pavillón que necesita xa dunha carpa accesoria para acoller ao público e a todas as comparsas.
O tempo deu unha tregua e puido realizarse o vistoso desfile de Carrozas dende o centro da vila.
A Carroza de Rueirada levou o primeiro premio e vestiu moi ben o desfile-Foto-Rafa Quintans
Víctor Castiñeira, disfrazado por fin-Foto-Rafa Quintáns
Unha vez no pavillón comezaron o espectáculo da man da televisiva Beatriz Serén, e por fin, con Víctor Castiñeira, o técnico de cultura e verdadeiro armadanzas do entroido, disfrazado, despois de 17 anos.
Os primeiros premios da tarde caeron, en categoría individual para a Nubia Esperanza e para a Raíña do Mar. As mellores parellas foron as Pajarracas, os Títeres de See, e A Caixa de Música.
As Carrozas foron espectaculares a verdade. A escollida como mellor carroza foi a do Imperio Nefertiti da Rueirada de Louro, por diante da dos fisterráns Os da Charca e a de Disco Brincadeiras.
Comezou a copla e o baile, para as risas e o deleite. Tivérono complicado os membros do xurado, que acabaron escollendo aos Trotamúsicos de Fisterra como os campións da noite. Segundos quedaron os loureáns de Rueirada co seu Imperio Nefertiti, e terceiros Os da Charca, campións o ano pasado. Os Enjominados de See, os Tortugas y Peces (Fisterra) e Disco Brincadeiras levaron o resto de premios, obtendo accesits por participar A Costa das Mulleres (de Camariñas), Os Rapacollóns de Fisterra, e os vimianceses da Arca de Noé e de A Través da pupila.
Disco Brincadeiras no Entroido de Cee 2020-Foto-Rafa Quintans
Desfile de Os da Charca-Foto-Rafa Quintáns
Os Enjominados de See -Foto-Rafa Quintans
Beatriz Serén, Víctor Castiñeira e Juanma Buiturón entregando un dos premios por parellas ás Pajarracas-Foto-Rafa Quintáns
Todas as novas do Entroido
- Galería do Entroido da Costa da Morte 2020.
- Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Os Enjominados de See vencen ás comparsas de Fisterra no domingo de Entroido de Dumbría.
- A Ponte do Porto estreou, con alegría e premio, o seu Concurso de Comparsas.
- O Exército de Panos ao completo recupera o verdadeiro Entruido de Mazaricos.
Entroidos de Cee
- 2019: Fisterra recupera o trono dos Entroidos de Cee e Dumbría.
- Entroido 2018: O Oriente loureán arrasou no Entroido de Cee.
- Entroido 17: O Entroido de Cee volveu bailar a ritmo da Rueirada.
- Entroido 2016: O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada.