Un mar de verbas e libros en Cee polas Letras Galegas
Reviravolta, aturuxo, xurelo, xeito, parafuso, funil, landra, foliada... máis de 200 palabras galegas adornan os espazos comúns dos IES Fernando Blanco, penduradas ao longo dos corredores e nos ocos das escaleiras.
Está a curiosa inicitaiva do centro ceense, unha exposición comeza xa na entrada do centro, con dous paneis que falan da "forza das palabras", en conmemoración do día das Letras Galegas 2012. Ditos paneis proveñen dunha obra de teatro representada hai tempo, e son agora o resultado da reciclaxe levada a cabo polo profesorado participante nesta actividade.
Alumnado da ESO, EPA e Bacharelato adicaron o seu tempo e esforzo a recortar, ao longo da semana pasada, as letras que habían de compoñer esta mostra de palabras da nosa lingua. Este traballo quedou recollido visualmente nun vídeo que poderá ser visto ao longo da semana na Biblioteca do centro.
A Editorial Galaxia fai unha doazón de libros ao Concello de Cee
Ademais, o Concello de Cee tamén é protagonista en materia de libros. I é que, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee, a Editorial Galaxia fixo unha doazón de libros ao concello para os nenos e nenas de Primaria.
Trátanse de setenta e cinco exemplares de O neno mintirán e o lobo, conto enraizado na tradición oral galega.
Con este donativo, a Editorial Galaxia quixo contribuír á difusión da cultura tradicional galega así como ao fomento da lectura en galego entre os máis pequenos. A entrega dos libros farase ao longo desta semana no CEIP Eugenio López, no CPR Manuela Rial Mouzo e na Escola Unitaria de Brens.
Novas relacionadas
Programas das Letras Galegas
- Festiletras: Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
- Festiletras: Programa 2012.
- Vimianzo: Regueifa, música, teatro e vídeos: as vitaminas para o galego do Concello de Vimianzo.
- Corcubión: Corcubión tamén dá Vitaminas ao Galego polas Letras Galegas.
- Carballo: Carballo fai entrega das súas Vitaminas para o galego.
- Camariñas: Camariñas libera libros e risas polas Letras Galegas.
- Zas: Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas.
- Carnota: Carnota dá Vitaminas ao galego cun gran Mes das Letras.
- Cee: Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
- Fisterra: Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
- Muxía: Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián.
- Dumbría: Dumbría celebra as Letras con música.
Fonte
- Notas de prensa do Equipo de Normalización lingüística e Equipo da Biblioteca do IES Fernado Blanco e mais da Editorial Xerais.