Unha ollada ao pasado con fotos do IES Fernando Blanco
Dende hoxe luns 9 de xaneiro pódese contemplar no IES Fernando Blanco de Cee, unha mostra de 42 fotografías antigas relacionadas co vello instituto da localidade.
A mostra, organizada polo Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, o cal está patrocinado polo Concello de Cee e FerroAtlántica, en colaboración co centro educativo do mesmo nome, trata de amosar, pouco despóis de celebrarse o 125 aniversario da inauguración do Instituto, non só a dimensión educativa, cultural e social do Colexio-Instituto da Fundación, as cales foron decisivas para o desenvolvemento e progreso do pobo de Cee, senón tamén a dimensión simbólica dun centro que, aínda hoxe, é a imaxe máis coñecida da nosa acolledora vila.
Poderanse ollar vistas de Cee de principios do século XX, vistas dos dous edificios da Fundación, as desaparecidas estancias interiores dos Colexios, alumnos e mestres, e un longo etcétera de lembranzas que é preciso non esquencer.
As fotografías, as cales xa estiveron expostas no Museo Fernando Blanco, e algunhas delas recentemente no Centro Comercial Finisterrae, estarán distribuídas ao longo do pasillo da planta baixa do Instituto, podendo ser visitadas por todos aqueles que o desexen nos horarios en que o Instituto esté aberto ao público.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).