Volveu a vida cultural a Cee cos actos arredor de Domingo Antonio de Andrade

González Formoso destaca a contribución á arte galega de Domingo Antonio de Andrade, “un ceense universal” O presidente da Deputación asistiu hoxe en Cee ao homenaxe ao arquitecto, figura clave do barroco en Galicia, ao que se lle dedica o Día das Artes Galegas “Se o barroco ten un nome propio en Galicia é o de Domingo de Andrade”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña, que destacou a impronta do arquitecto en boa parte da xeografía galega.
Arrincou onte o programa cultural do Concello de Cee arredor de Domingo Antonio de Andrade, aproveitando que a Real Academia de Belas de Artes lle dedica este ano o Día das Artes Galegas. Despois da ofrenda floral, tivo lugar un espectáculo Barrococó, Rilo&Penadique, para dar paso á inauguración, na sala de exposición da Casa da Cultura, da exposición “Domingo de Andrade, un arquitecto universal”.
Unha fermosa ocasión para retomar os actos culturais na vila da Xunqueira e celebrar o ano do “ceense universal”, unha das figuras máis importantes do barroco en Galicia.
A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, acompañou ao presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e ao da Deputación, Valentín González Formoso na ofrenda floral fronte ao monolito.
Durante os discursos lembraron obras do arquitecto como a Torre da Berenguela da Catedral de Santiago “que durante séculos serviu co singular son das súas campás como un faro en terra para guiar aos peregrinos que completaban o seu camiño” ou as icónicas escaleiras de caracol de Santo Domingo de Bonaval, “que semellan flotar no aire e que, 320 anos despois da súa construción, seguen asombrando ao mundo pola súa beleza e virtuosismo técnico”.
E non esqueceron a sacristía e a sala capitular da Catedral de Lugo, a capela do Rosario no Mosteiro de Sobrado ou o retablo maior da Virxe da Barca de Muxía, que se perdeu no incendio do santuario en 2013.
O presidente da Deputación destacou o importante papel que desempeñou a vila de Cee para reivindicar a figura do que, xunto co fliántropo Fernando Blanco de Lema, é un dos seus fillos máis ilustres.
Máis actividades
Os días 19, 20 e 21 de xuño, ás 21.00 horas, hai un Ciclo de Conferencias no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura.
O venres 19, o arquitecto Juan Creus Andrade trae “Intensa destreza. Algunhas notas sobre a obra de Domingo Antonio de Andrade”.
O sábado 20, o profesor de xeografía e historia no I.E.S. de Sanxenxo, Antonio Leis Castro, falará sobre “o mestre do barroco galego.
E domingo 21, o propio Víctor M. Castiñeira, recuperará algúns Apuntes históricos sobre Andrade e a vila de Cee, que podedes ver na serie que aquí abaixo recollemos.
Novas relacionadas
- Xuño 2020: A cultura volve a Cee cun programa de actos por Domingo Antonio Andrade.
- Abril 2020: #ACulturaSegue: Por que Galicia dedica o Día das Artes a Domingo de Andrade.
- Xullo 2019: Domingo Antonio de Andrade será o protagonista do Día das Artes Galegas 2020.
Artigos de José Ramón Senra Rey
- Monumento a Domingo Antonio de Andrade na súa vila natal – Agosto de 1990..
- Cee volve a lembrar a un dos seus fillos máis ilustres, Domingo Antonio de Andrade.
Especial Domingo Antonio de Andrade, por Víctor Castiñeira
- Especial Domingo Antonio de Andrade (I): Un ceense universal.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IV): Cee na época de Andrade.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (VIII): A súa obra na Costa da Morte.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XI): Obras na Catedral de Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XII): Arquitectura relixiosa.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval.