A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión
Van a máis as concentracións do sector da pesca artesanal contra os privilexios da pesca de arrastre. A semana pasada eran preto de 200 persoas as que se concentraban en Corcubión, cifra que case doblaban este pasado sábado 15 de novembro. Chegados de todas partes da comarca e da Barbanza, máis de 300 mariñeiros de pesca de baixura alzaron a voz para defender os seus postos de traballo.
I é que a baixura, a pesca artesanal é o sector que máis emprega, pero pola contra o que menos privilexios ten, como estamos a comprobar co xeito e a sardiña. De aí o lema principal “O noso futuro é o futuro de todos”, deixando patente ademais que a pesca de baixura é a máis sostible.
Cun barco de papel como abandeirado, os mariñeiros arrincaron no peirao corcubionés, xa con cámaras de televisión e todo, e percorreron a estrada ata Cee, facendo extensible a súa protesta.
A sostibilidade está a ser un dos argumentos das mobilizacións, pedindo que os arrastreiros teñan que saír máis de 12 millas da costa, considerando que a súa forma de pescar é “un crime ecolóxico”.
Un argumento que ten levado en innumerables ocasións a entidade radicada en Corcubión, Asoar-Armega ao Parlamento Europeo, e precisamente é en Europa onde a Xunta e o Goberno Estatal teñen que gañar esta loita, pois o reparto de cotas e o remate dos privilexios da pesca industrial decídese a nivel europeo, e son claves para o futuro económico da pesca artensala, e para a superviviencia do ecosistema mariño.
Sancións
Unha proposta do BNG, apoiada por AGE e PSdG, pide arquivar as citacións e expedientes sancionadores contra as persoas que participaron nas concentracións no mes de marzo contra o “inxusto reparto” de cotas. Consideran que os expedientes que van dos “300 aos 6.000 euros”, vulnerando o dereito dos traballadores a poder exercer o dereito a pescar “con dignidade”.
A portavoz do PP, despachou a solicitude do BNG manifestando que “non é competencia do Goberno galego” e anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista.
Novas relacionadas
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- 10-11-14: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).