Venres. 29.03.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CCLXIV): O blog da Radio Roncudo

A bitácora da semana (CCLXIV): O blog da Radio Roncudo
O blog da Radio Roncudo

Levan moitos anos en antena, e na rede tamén. Pero veñen de estrear un novo espazo na rede, para que as ondas da FM invadan tamén a internet.

Xa podemos pois, seguir a actualidade da Radio Roncudo, a radio comunitaria, libre e alterantiva da Comarca de Bergantiños creada dende Corme, emisora irmandada ca radiONeria, radio municipal de Corcubión.

Programas como O Ronsel, un programa informativo de actualidade dirixido por Óscar Rey Calo e no que participa QPC, a Fórmula Neria de Iván Pereira, A Escrita con Paco Souto, O Democracy Now con Juanito Comején, ou a última incorporación, o O Noso xeito, un programa de poesía de Óscar de Souto, xa poden ser escoitados dende todo o mundo.

Comentarios