![Boicot a Israel]()
Este mércores 16 de marzo, o Bar A Terraza do Hórreo acollerá ás 20:15h a presentación da
plataforma BDS-Galiza. Unha presentación que vén da man do
comité COSAL Costa da Morte, continuando así coa
loita particular que a entidade costeira está a realizar polo conflito na franza de Gaza e contra Israel. Dende COSAL xa levan traballando na plataforma en xaneiro deste ano e chegou o momento da presentación na sociedade da Costa, sempre tan .
BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Unha das bases da campaña é o deixar de consumir produtos que chegan dende Israel. Para evitalos non hai máis que fixarse no código de barras de cada produto e cerciorarse de que non comezan por 729.
A campaña BDS é unha campaña internacional, que xurdiu de poboación civil palestina en
demanda dun boicot a Israel semellante ao que acabou co réxime do apartheid en Sudáfrica. De feito, a presentación non se realiza estes dúas porque si, senon que deste xeito se enmarca na semana internacional contra o apartheid de Israel a palestin@s.
Para a presentación da campaña BDS na bisbarra achegaranse ata Corcubión dúas persoas,
Elvira Souto e Tone. Elvira pertence ao colectivo
Esculca, e Tone a
Fuga em Rede. Ambas exporán a historia do movemento internacional, o por que do mesmo, o que estamos a facer aquí, e o que pode facer cadaquén.
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa de COSAL - Costa da Morte.