Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais

A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais
Manifestacion dos marineiros en Corcubion

Levan varias semanas na rúa. Teñen chegado mesmo ao Parlamento Europeo, pero tamén estarán en breve nos plenos municipais, recibindo, case con toda seguridade o apoio dos pequenos concellos.

Desta volta, será o BNG de Corcubión o que leve unha moción ao pleno para que toda a corporaciçon apoie as reivindicacións do sector da pesca de baixura artesanal da Costa da Morte que reclaman a eliminación de Tacs e cotas para a pesca artesanal fronte ao modelo de pesca industrial. Así mesmo, piden asinar un documento que sirva para reclamar que “a Xunta de Galicia esixa diante do Goberno estatal a exclusión do plan de xestión da sardiña as artes tradicionais como o xeito ou racú, betas,... ou do contrario que exerza as competencias propias de Galiza en augas interiores e proceda a autorizar a pesca da sardiña para outras artes distintas ao cerco”.

Un plan de viabilidade

O grupo da oposición defende “a viabilidade da actividade pesqueira artesanal e de pequenas embarcacións (artes menores), antepoñendoa ao modelo industrial”.

Lembra que o pasado 8 de novembro de 2014 tivo lugar unha das mobilizacións máis importantes do sector pesqueiro da Costa da Morte nos últimos anos. Entre as súas reivindicacións, o sector maniféstase sentirse vítima inxusta e sufrir os danos colaterais, das políticas emanadas pola UE que somete as principais especies das que depende a flota artesanal de artes menores a e cotas, na que esta flota polo seu pequeno tamaño e cativas capturas representa unha escasa incidencia no total de capturas.

Deste xeito, o BNG considera que “son as embarcacións menores, as de artes tradicionais, as que se deberían blindar pois son as que máis emprego xeran, son máis sostibles, nembargantes so as que saen máis prexudicados nos repartos en comparanza coa pesca peláxica industrial, do arrastre, facéndoas inviables economicamente”.

E a sardiña

 Pedía a semana pasada a Asoar Armega máis cota de sardiña para evitar as perdas do xeito, despois da aprobación por parte do Estado dun Plan da Sardiña “onde os únicos autorizados a capturar esta especie durante os próximos 3 anos é o cerco”. Esta medida exclúe artes tradicionais como o xeito, o racú e as capturas accidentais doutras artes, abocando a un elevado número de embarcacións tradicionais a non poder pescar sardiña.

Por iso denuncian que “non só se deberían articular decisións políticas de protección da pesca tradicional coma o non sometemento a Tac e cotas, senón que se debería destinar axudas para por en valor esta actividade como xeradora de postos de traballo, e como modelos sostible fronte ás capturas procedentes da pesca industrial”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios