Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Revista Thaumazein VIII xa viaxa pola Costa da Morte

A Revista Thaumazein VIII xa viaxa pola Costa da Morte
Revista Thaumathein da UCV xa nos kioskos da Costa da Morte Portada do VIII Revista Thaumazein por Andres Lopz

Non paran estes bravos pensadores da Universidade Cromática das Virtudes. Esa pequena asociación costeira, con epicentro en Corcubión, que ademais está buscando novos socios e colaboradores. “Andan a mil” con ducias de actividades, e mentres tanto, publican un novo número da súa revista reflexiva de referencia.<7p>

O número VIII da Revista Thaumazein xa está na rúa, e con ese afán de vertebrar a Costa da Morte a través do pensamento, xa está nos diferentes Puntos de venda. Ademais, de en Corcubión na Tenda dos Libros de Ponteceso, na librería Torre Penedo de Laxe, na librería Roget de Vimianzo e na librería Ler de Cee. Están pendentes de ila presentar a Camariñas e Malpica para seguir espallando sabedoría e reflexión.

Con esta portada por Andrés Lópz, este oitavo número vai adicado ao tema da moral e os seus "límites" (de aí o de extra-MORAL). É unha revista moi persoal, con colaboracións sobre todo no eido da literatura. A gran novidade é a sección de fotografía, que nesta ocasión vai adxunta nun sobre kraft. Cada foto é unha postal, o que fai sinxelo a súa difusión.

Xa están a preparar a novena, que versará sobre mitho-loxía, e xa podedes ir indagando máis na web revistathaumazein.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios