Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As artes mesturadas de conciencia e integración volveron tomar Corcubión

A segunda edición do xa asentado Festival Artenauta artellou un completísimo programa co mar como eixe vertebrador
Maria Lado e Lucia Aldao no Festival Artenauta
Maria Lado e Lucía Aldao no Festival Artenauta
As artes mesturadas de conciencia e integración volveron tomar Corcubión

Máis de 40 artistas déronse cita esta pasada fin de semana en Corcubión, no marco da segunda edición do Festival Artenauta. Un Festival das Artes da Costa da Morte que xa é unha referencia cultural en toda a zona, cun nivel envexable ata para as principais cidades do país, artellado por un pequeno grupo de brav@s “artivistas” vencelladas á Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes.

Un festival consolidado que serviu para integrar, concienciar e cultivar arte a través da mar, que foi a temática principal arredor da que xirou o programa.

Festival Artenauta por Barca Caamano
Fotos de Barca Caamaño

A arte saía polas fiestras da vila de San Marcos, malia que o tempo obrigase a activar o Plan B, para facer boa parte das actividades a cuberto, volvendo a convertir a Capela do Pilar nun auténtico remanso de arte pagana. Arte e historia, como a recollida na presentación do documental interactivo arredor da Baleeira de Caneliñas; arte e cine, como o aprendido no Obradoiro de Federico A. Rioboo, ou na proxección do documental Albatross de Chris Jordan, que serviu de peche do festival.

Así e todo as intervencións artísticas dos Borja Insua, Llou e compañía, instalados ao longo da vila, servían que sumerxir aos visitantes, e á veciñanza, nun ambiente vivo. O tempo, ademais deu varias treguas e permitu que a música blues dos Deteriorados se escoitase ao aire libre. Tamén Xosé Iglesias puido presentar o seu álbum ilustrado Nación Mar na rúa, e mesmo se celebrou un máis que fascinante obradoiro de cociña e cultura senegalesa coa comunidade senegalesa de Corcubión.

Obradoiro senegales no Festival Artenauta
Obradoiro senegalés

O Casino acollía o mercado da arte con cousiñas de Lúa Gándara, Pelucas, LLou Insidias, Gypsea Creations, Robotizz ou os ”señores importantes” de Natasha Lelenco.

Mercado da Arte no Casino de Corcubión-Festival Artenauta
Mercado da arte no Casino

Houbo tamén actividade na Casa da Cultura, coas dúas actuacións do grupo local, e premiado estatalmente, Farándula Velutina. Por un lado Lucía Senra Lado interpretou “Murphy” e mentres que Elisa Lema fixo o propio con “Punta, Tacón”. E tamén no Cárcere Vello, co obradoiro de Serigrafía da man de Amore.

A poesía, como non podía ser doutro xeito, tivo un protagonistmo singular, co divertimento llingüístico con María Lado e Lucía Aldao ou cos poemas musicados de The Inversos, con Suso Bahamonde e Eloi Traba:

   

Os soportais da Casa da Cultura convertíronse na montaña dos Penedos na obra para cativos de Soraya Lema:

Non faltou a participación da radiONeria, da man do “Sons de ninguén” de Miguel Vázquez Freire, que artellou 3 programas especiais para o festival:

En defintiva, un completísimo programa que fixo gozar a centos de persoas, e que agardamos sirva para que as súas armadanzas continúen por moitos anos con este festival.

Novas relacionadas

Comentarios