Axenda dunha das fins de semanas máis festexeiras do verán


Metade de xullo, e as festas do Carme son un dos momentos obrigados para volver a casa. Esta fin de semana a Costa da Morte ve multiplicada a súa poboación xa que a avalancha de turistas segue crecendo, e os emigrantes volven a casa para vestir as mellores galas.
E a Costa responde, pois non vimos unha semana con tanta actividade dende que abrimos a Axenda Costa da Morte. Festas, motofestas, exposicións, concertos, cines, carrilanas, mercado ecolóxico... Non imos dar feito.
Ademais das numerosas festas do Carme da bisbarra, en Laxe acollen a Motofesta, por Esteiro teñen cita coas carrilanas e coas festas, por Quilmas celebran o Mercado Ecolóxico, por Fisterra a artesanía toma o faro, en Vimianzo a exposición ten tinte literario, O Ézaro e Ameixenda acollen citas cinéfilas na rúa....
Así, que non deixedes de elixir as vosas citas en www.axendacostadamorte.com.
Máis información festexeira

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).