O Casino de Corcubión mergúllase nun proxecto expositivo de fotografía histórica

Está revolucionando a vila de Corcubión Luís Corral facendo realidade o porto mixto ou dinamizando a vida cultural a través da radiONeria. E tamén asumindo o mando dunha entidade histórica na vila, como é o Casino, a Asociación de Centros Recreativos e Culturais de Corcubión.
Corral, como vicepresidente, vén de asinar un documento de apoio incondicional da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL), para o proxecto expositivo fotográfico permanente “Corcubión naqueles tempos”.
”Esta exposición será o principal valor documental de protección e custodia da Asociación Centro Recreativo e Cultural de Corcubión. Patrimonio visual inmaterial para a difusión e conservación da memoria sociocultural da Vila e da Costa da Morte: a súa xente, as festas, as rúas, o porto, a ría, o colexio, os peregrinos, os seus ilustres, os comercios”, explica un fachendoso Corral despois de rescatar numerosas imaxes históricas da vila.
Esta exposición, ademais de ser un extraordinario referente documental das memorias colectivas de Corcubión, será tamén o espello público máis prestixioso da nosa cultura popular. Incluirá fotografías de fotógrafos de prestixio como Ramón Caamaño e doazóns particulares
Así mesmo, houbo unha reunión co Alcalde e a Concelleira de Cultura do Concello de Corcubión, María Bella, para trasladarlle este proxecto e poder levar a cabo o sinatura dun convenio de colaboración, tamén o trasladarán ao grupos políticos da oposición.
Máis novas
- Suso Jurjo: O Corcubión de arredor de 1930 na serie de tarxetas postais de Tanarro.
- Suso Jurjo: O Pazo de Altamira de Corcubión nun plano de 1776.
- Manuel Vilar: De xeira pola Costa da Morte para lembrar ao Seminario de Estudos Galegos.
Serie de Luís Lamela
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión (1).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión (2).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariños: o “Liberto” e o motín (3).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros: o patíbulo (4).
- Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión: Ángel Carrera (e 5).