O CEIP de Corcubión acolle unha charla informativa para as familias sobre o uso consciente das redes sociais
Este venres 20 de maio, de 16:30 a 19:30h, o CEIP Praia de Quenxe acolle o terceiro e último obradoiro desenvolto por María Bella formulado para a comunidade educativa do centro pero tamén para todas as familias da comarca. No marco do programa "Crecer xuntas en tempos fráxiles”, Lía Brea, psicóloga e terapeuta especializada en danza e movemento, será a encargada de levar a conversa sobre “cONsciencia OFFline”, na que se utilizará os corpos e as mentes para experimentar coas redes sociais dun modo conscente.
Trátase dunha actividade organizada desde o CEIP Praia de Quenxe e o CFR, e cómpre inscribirte en [email protected].
Contexto
Nun contexto fragmentado e de distanciamento social as redes convertíronse nun espazo dominante para inter-actuar c@s outr@s . Sabemos que as redes sociais teñen os seus riscos... mais sabemos realmente o que nos restan e o que nos aportan? Invítovos a un espazo de reflexión colectiva e creativa para mobilizar os corpos e as mentes e desenvolver unha maior consciencia respecto ao que supoñen as redes sociais nas nosas vidas, nos nosos ambentes e na sociedade. Compartiremos as inquedanzas que nos xeran, experimentaremos con aquilo que nos espertan e darémonos tempo para repensalas colectivamente e cuestionar(nos) o tipo de relacións que establecemos dentro e fóra da Internet. A través dunha metodoloxía activa e participativa xogaremos cos contrastes do mundo online (en liña) e offline (fora de liña). Tamén se proporcionará material bibliográfico e recomendacións audiovisuais de interese para tod@s @s asistentes.
Lía Brea é Psicóloga e Danza Movemento Terapeuta. Emprende con “Semente psicoterapia” en 2021 dende onde acompaña individual e grupalmente a persoas tanto en contextos terapéuticos como educa-activos. Leva varios anos investigando como a tecnoloxía dixital afecta aos estilos de vida e realiza obradoiros e charlas dirixidos tanto a maiores como a pequenos.