Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A comunidade Todas Nós volve xuntarse presencialmente e nas ondas

Evento de Todas Nos en Corcubion
Imaxe dun evento artellado en Corcubión da comunidade Todas Nós en decembro de 2021
A comunidade Todas Nós volve xuntarse presencialmente e nas ondas

Ractivouse a Comunidade Todas NÓS, creada en 2021, con novas obxectivos e actividades. Este grupo aberto, formado a día de hoxe por 88 profesionais e emprendedoras de todos os eidos e de todas as comarcas da Costa da Morte, formula dúas novidades. Por un lado, prepara unha serie de citas presenciais, e ademais está preparando a súa invasión das ondas en formato podcast.

A primeira cita será poer en marcha un ciclo de Charlas-Obradoiros TODAS NÓS, no que se tratarán diferentes temas de interese relacionado coas mulleres desde a perspectiva de xénero.
A primeira sesión será este sábado 16 de marzo, comezando a partir das 10:30 h. en ISLOW COLIVING en Laxe. Haberá unha presentación de a comunidade e os retos e plans para o futuro e falaremos de Diñeiro e do relación que as mulleres teñen con el. A charla baixo o nome “O diñeiro tamén É cousa de mulleres” será presentado por María Mira, analista financeira con base na Costa da Morte e pertencente á Comunidade TODAS NÓS. Este evento é aberto non só a mulleres de TODOS NÓS senón a calquera muller que queira.

Podcast Todas nós

PODCAST TODAS NÓS

Outro dos proxectos que se porán en marcha este mes de marzo é o POSCAST TODAS NÓS, un espazo quincenal onde se compartirá información sobre diferentes temas da perspectiva de xénero. Un espazo para dar visibilidade e voz a moitas mulleres con marabillosos coñecementos e experiencias que hai que compartir. “Un espazo para falar de temas que nos preocupan e nos ocupan”. 

O programa emitirase nas redes de "Todas nós" e conta coa colaboración da radiONeria.

Máis novas

Comentarios