Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Corcubión e Carballo volveron ilustrar a solidariedade de Galicia co pobo palestino

Concentracion por Palestina en Corcubion
Concentracion por Palestina en Corcubion
Corcubión e Carballo volveron ilustrar a solidariedade de Galicia co pobo palestino

Volveu saír á rúa a sociedade galega para demostrar a súa solidariedade co pobo palestino. Máis de 20 lugares do país, entre eles Corcubión e Carballo,, quixeron alzar a voz, unha vez máis, este luns 6 de novembro, co lema «Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina». Porque “a brutal campaña de morte lanzada por Israel non cesa. Van xa catro semanas de bombardeos indiscriminados contra poboación civil, contra barrios enteiros, contra campamentos de refuxiadas, contrae scolasea universidadede Gaza, contra hospitais e clínicas, contra os pasos fronteirizos para limitar a entrada de axuda humanitaria, contra os convois de ambulancias e as equipas de emerxencias, contra templos musulmáns e cristiáns, contra xornalistas perfectamente identificados e até contra instalacións das Nacións Unidas (UNRWA)”.

“Aquí, a 4000 km da cidade de Gaza, saímos ás rúas porque nos doe Palestina, mais tamén porque, facéndoo, nos negamos a normalizar a barbarie e recoñecemos a nosa responsabilidade”, sinala o manifesto desta concentración convocada polos colectivos Mar de Lumes, Galiza por Palestina, Boicot a Israel BDS, e que aquí na comarca asume como propia o BNG.

Concentracion por Palestina en Carballo
Concentracion por Palestina en Carballo

Con 10.000 vítimas xa no bando palestino, entre eles milleiros de nenos, a sociedade pregúntase que máis é necesario para que a comunidade internacional actúe, medie. “É responsabilidade nosa denunciarmos a complicidade dos nosos gobernos, en particular o goberno español e a Unión Europea, co estado terrorista de Israel, e tamén o vergoñento papel da Xunta de Galiza, que xoga a ser irrelevante para todo e que neste conflito se inhibe de maneira descarada, o que, na práctica, significa poñerse do lado de Israel”, denunciaron os manifestos.
”Non aceptamos que a única acción dos gobernos de Madrid e Bruxelas sexa pedir pausas humanitarias limitadas, nin tampouco que se nos pretenda presentar o exterminio dun pobo como “dereito á defensa”.

Mentres, lembraron o “fanatismo sionista” cun exemplo: “só nos últimos días, médicos israelitas asinaron un manifesto a pedir a destrución de todos os hospitais de Gaza, e membros do goberno sionista propuxeron usar unha bomba atómica contra a Faixa”.

2Exiximos é o fin do masacre e políticas decididas a terminar de verdade coa ocupación. Non aceptamos que as accións diplomáticas se limiten a condenar quen resiste e se nega a morrer en silencio, e a pedir a Israel que se comporte. O sionismo xa ten demostrado que non se importa coas regras do mundo, porque se proclama impune: leva violado 62 resolucións das Nacións Unidas até hoxe, sen ter enfrontado nunca consecuencia ningunha.
Tampouco aceptamos a indignante proposta española de conversas de paz para de aquí a 6 meses. En 6 meses o xenocidio perpetrado por Israel terá deixado millares de vítimas mortais máis, e pode moi ben acabar desembocando nunha guerra rexional”.

Propostas

Ofrecen propostas para a sociedade:

  • Debemos acudir, como hoxe facemos, ás convocatorias das organizacións de solidariedade. Mais tamén debemos involucrarnos no noso día a día”.
  • Podemos boicotear os produtos israelitas que se venden no noso país. É doado atopar empresas, algunhas mundialmente coñecidas, que colaboran abertamente coa ocupación.
  • Podemos exixir ás empresas nas que traballamos que paren os seus investimentos e negocios con Israel.
  • Podemos exixir ás universidades galegas que cancelen os programas conxuntos coas universidades sionistas, e aos concellos galegos que teñen acordos con Israel feitos pasar como iniciativas culturais que fagan o mesmo.
  • Podemos exixir á grande prensa que deixe de equiparar o agresor e o agredido.
  • E sobre todo podemos exixir aos nosos gobernos que apliquen contra o estado de Israel e contra os seus líderes as sancións que tan alegremente aplican contra outros estados incómodos por calquera motivo.

Máis mobilizacións

Anuncian que o vindeiro luns 13 haberá novas accións de solidariedade que se presentarán en breve.

Novas relacionadas

Comentarios