Venres. 03.05.2024
El tiempo

Corcubión comparte coa veciñanza o seu irmandamento con Ashbourne

Corcubión comparte coa veciñanza o seu irmandamento con Ashbourne
Imaxe da vila irlandesa de Ashbourne
Corcubión comparte coa veciñanza o seu irmandamento con Ashbourne

Esta fin de semana tan especial, no marco do Mercado Medieval Costa da Morte, a vila de Corcubión recibe unha visita especial. Unha expedición da vila Irlandesa de Ashbourne, irmandada con Corcubión desde o 2017, chega para participar dunha das festas máis queridas polo pobo de San Marcos.

Así, para dar a benvida oficial, o Concello celebra unha recepción oficial este venres 28 ás 12h no Salón de Plenos do Concello. O alcalde Francisco Domínguez dará a benvida ás concelleiras de Ashbourne, Amanda Smith e Suzanne Jamal, así como a Tommy Reilly do Condado de Meath (Cathaoirelach of Meath County Council).

Un evento aberto por primeira vez á veciñanza co fin de fomentar o coñecemento das características e peculiaridades desta terra irmandada. Seguido dos saúdos formais entre os representantes das corporacións, levaráse a cabo unha presentación para dar a coñecer a vila de Ashbourne.

Contarán ademais coa intervención musical dalgúns dos compoñentes do Grupo Duin, e o Concello fará entrega dun par de detalles: unha escultura feita polo artista local Andrés López, e un libro de Ramón Caamaño editado por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal.

Comentarios