Corcubión convírtese nun Universo Diverso para os discapacitados


A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión informa do novo programa de actividades "Universo Diverso" que se van levar a cabo para a poboación con discapacidade psíquica e mental, con idades comprendidas entre os 18 e 45 anos de Corcubión. Entre eles, varios dos participantes nas actividades serán as/os usuarias/os de APEM e ASPADEX.
As actividades desenvolveranse en abril e xullo, e concretamente na vila de San Marcos poderán disfrutar dun obradoiro de fotografía, outro de educación viaria e de equitación, unha visita a Marcelle Natureza (Betanzos), unha excursión ao aquapark de Cerceda, unha visita cultural á Coruña ou un lecer medioambiental por Ferrol.
Inscrición e máis información
Destacar que todas as persoas de Corcubión, interesadas, deberán inscribirse nos servizos sociais municipais, ata o 31 de marzo, ou chamando ao tlf.: 981 745 400.
Novas relacionadas
- Denuncian o uso fraudulento do nome Aspadex.
- Apem e Aspadex vencen ao vento.
- Aspadex estrea nova web.
- Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses.
Fonte
- Nota de prensa da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión.