Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Corcubión tece pontes co mundo árabe a través do Festival de Cine AMAL

Corcubión tece pontes co mundo árabe a través do Festival de Cine AMAL

Impresionante que o Festival primeiro Festival de cine árabe en toda España chegue a Corcubión. Da man da Universidade Cromática das Virtudes, da organizadora Fundación Araguaney e o Concello corcubionés, aterran 5 filmes do Festival AMAL na Costa da Morte. E o fai coa intención coa que nacía en Santiago de Compostela, tecer pontes culturais a través do cine entre dous mundos tan diversos e tan semellantes.

A Capela do Pilar será o cine perfecto para acoller estes fimes cada venres a partir das 22:30h:

  • Venres 24 de maio: “Rabat”, premiada como mellor largometraje de ficción e mellor interpretación masculina na última edición de Amal.
  • Venres 31 de maio: “Le Thé ou L’electricité”, mellor largometraxe documental.
  • Venres 7 de xuño: “Bromas Aparte”, documental sobre o humor palestino.
  • Venres 14 de xuño: “Ensemble”, premiada á mellor cortometraxe de ficción.
  • Venres 21 de xuño: “Eid”, mellor cortometraxe de ficción en Amal 2012.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios