Venres. 17.05.2024
El tiempo

Recuperando a orixe do patrimonio dende Corcubión

Recuperando a orixe do patrimonio dende Corcubión
Xurxo Ayan Anton Lado e Manuel Gago presentando Herdeiros pola Forza na Capela do Pilar de Corcubion

É a vila de San Marcos protagonista nestes días trala visita de Manuel Gago e Xurxo Ayán para presentar o seu libro Herdeiros pola Forza. Xa analizamos a idea que prantexa o libro, que non é outra que a de devolver o patrimonio ás mans da cidadanía. E en que mellor espazo que na Capela do Pilar de Corcubión para reivindicar tal cousa.

A presentación tivo lugar trala invitación de Jan Lamas e mais da Universidade Cromática das Virtudes, unha asociación coa que, por certo, fala hoxe o Portal do Consello da Cultura Galega, que se dedica a achegar coñecemento á Costa da Morte a pesar da pouca resposta da propia veciñanza.

En todo caso, foron máis de 20 as persoas que saíron convencidas de que a arqueoloxía volve ás mans do pobo, e de que aquí e Galicia, temos patrimonio a barrer. E dous exemplos nos deixa o propio Gago na súa bitácora Capítulo Cero, un post sobre a posible orixe da vila, e outro repasando unha lenda burguesa nas casas nobles da vila.

Ollando as orixes de Corcubión

Ruinas de San Andres de Canle posible orixe de Corcubion-Foto- Gago

Aproveitou Gago, xornalista con alma de arqueólogo, a visita a Corcubión para rubir o monte para visitar as ruínas de San Andrés da Canle. Un lugar, o Igrexario, onde xacen as ruínas da antiga igrexa, e que se supón que foi a orixe da vila corcubionesa.

Gago fala tamén do da posible representación do Santo Grial que se ve nunha casa recuperada hai varios anos na vila, e que pode provir do propio lugar de San Andrés de Canle.

Lendas burguesas en Corcubión

E para rematar a sesión, Gago nos deixa este fantástico vídeo que ten como protagonista a Jano Lamas, historiador corcubionés e coladorador de QPC. Jano cóntalles aos autores de Herdeiros pola forza unha lenda burguesa sobre precisamente, a súa fermosa casa duquesa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios