Venres. 17.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte Canta Claro, pensando

A Costa da Morte Canta Claro, pensando
IV Encontros de Filosofia da Costa da Morte Cantar Claro

Portas abertas si, pero ollo co nivelazo que trae esta xente á Costa da Morte. Os organizadores da Universidade Cromática e Axóuxere Editora anima a todo o mundo a pasar pola Capela do Pilar de Corcubión para escoitar, e participar nos debates desta IV edición dos Encontros de Filosofía da Costa da Morte.

Unha edición que se titula "Cantar claro: arredor das sabedorías da lingua común", e que chega tralas exitosas experiencias de Tiqqun, Sociedade e Barbarie e Filosofía e Música.

As citas serán entre os días 22 e 23 de marzo nun espazo máxico para que o pensar e o falar sexan os protagonistas. Intervencións curtas duns 15 minutos e moito tempo para o debate. A asistencia é de balde e non precisa preinscrición. Anímense.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios