Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Corcubión, territorio podcast

Territoiro Podcast en Corcubion
Imaxe da xuntanza, celebrada no Clube Marítimo Carrumeiro na tarde do pasado venres
Corcubión, territorio podcast

Renovada a vida da radiONeria, a vila de San Marcos segue navegando entre as ondas da fm e a rede. Faino agora a través do podcast, como se demostrou na presentación da guía "Comunicándonos", impulsada polas Emisoras Municipais Galegas, dentro do proxecto Onda ODS. Unha realidade xa patente, como se pode demostrar co exitoso pódcast "Lo que tu digas" impulsado polo mozo natural de Corcubión, Alex Fidalgo, que xa supera os 10.000.000 de descargas e que conta con 280.000 seguidores en YouTube, 190.000 en Instagram e 10.000 en Twitter.

Máis de vinte entidades participaron no acto e interviron nun animado coloquio arredor da necesidade de comunicar máis e mellor coa sociedade. A igualdade de xénero, unha educación de calidade, o viño, a agricultura ecolóxica e a alerta pola expansión sen planificación dos muíños eólicos foron algunhas das preocupacións expostas que se poderán traducir en diferentes pódcast e campañas de sensibilización na segunda metade deste ano.

Nun prazo de quince días haberá unha nova reunión na que se concretarán as iniciativas a levar a diante. Tanto Toño Casais (Radio Neria) como Henrique Sanfiz (Radiofusión) expuxeron a intención de transformar a radio local nun centro de produción de audio e nun punto dinamizador da comunicación na comarca. Ao remate do evento repartíronse exemplares de "Comunicándonos. Guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e pódcast relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel". "Onda Ods Empeza por ti" é unha iniciativa das Emisoras Municipais de Andalucía en colaboración coas Emisoras Municipais Galegas, a Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
 

Comentarios