Corcubión únese á loita contra a Emerxencia Climática
Dentro da ”Semana de folga global polo clima”, Boca de Sapo, comunidade ecosocial e cultural con base en Corcubión, quere desenvolver unha serie de accións tanto no eido escolar, como fixeron no mes de maio, como no eido social. c
Por unha banda, co obxectivo de axudar a dinamizar o debate sobre a urxencia climática dentro da comunidade escolar teñen habilitado un repositorio audiovisual que alberga 150 imaxes das manifestacións e accións que se están levando a cabo durante esta semana nas distintas partes do mundo. Este repositorio de imaxes móstrase mediante un proxector na biblioteca do CEIP Praia de Quenxe en horario escolar desde o luns 23 ata o venres 27.
Durante os recreos permanece aberto e dispoñible ao alumnado e un profesor/a do centro garda o lugar e atende as preguntas e dúbidas do alumnado. Os e as docentes que así o desexan visitan a biblioteca para mostrar o material ao alumnado e debater con eles e elas a problemática ante a que nos atopamos.
Proxección pública
Doutra banda, co obxectivo de dar visibilidade a estas movilizaciones globais e xerar conciencia e debate tamén entre os veciños e veciñas de Corcubión programouse unha proxección pública deste repositorio de imaxes na praza principal da vila, Praza de Castelao, o venres 27 ás 21:00h. Algúns dos membros da comunidade Boca de Sapo estarán dispoñibles para conversar, debater e responder ás preguntas e cuestións dos veciños e veciñas.
Ademais, María Bella, membro da comunidade ecosocial publicou un artigo de reflexión no diario digital QPC suxerindo camiños polo cambio.
Novas relacionadas
- A crise climática chega aos Concellos da Costa a través dun grupo de mestres #Teachersforfuture.
- “Todos e todas saímos sendo un pouco Greta”.
Artigos relacionados
- María Bella: Sonar Hawila.
- Xosé Manuel Barros: Greta Thunberg e o Principiño.