Martes. 10.12.2019
El tiempo

Da rectoral ás ondas

Da rectoral ás ondas

Comeza esta fin de semana un novo programa en radiONeria... "Aurora dos camiños" , un programa de entrevistas fundamentalmente, e música... Tralo micro estará Marta Rey, que chega directamente da Rectoral de San Martiño de Ozón, que vén de recuperar a Cooperativa Albergue Auroras del Camino da que forma parte.

O programa soará os domingos de 12:00h a 13:00h e os mércores de 16:00h a 17:00h, no 107.8FM para a comarca de Fisterra e Carnota, no 106.1FM na zona de Bergantiños e para todo o mundo a través do Blog da radiONeria.

Podes coñecer como será o programa da man da propia Marta Rey na presentación do programa.

Novos Talleres no Albergue

O Albergue Auroras de los Caminos segue con actividades. Esta fin de semana do 20 e 21 de outubro, a Rectoral de San Martiño de Ozón, en MUxía, acolle uns talleres de Permacultura. O sábado toca cita coa xeobioloxía aplicada á horta ecolóxica, para despis disfrutar dunha rica comida no mosteiro.
O domingo será sesión de diálogos baixo o lema "Cooperar, outra forma de vivir", que servirá para presentar en sociedade o proxecto do Albergue de Buxán, da Aurora de Buxán.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios