Deteñen unha parella carballesa que roubaba vehículos comerciais mentres os propietarios comían en restaurantes da AC-552
Esperaban que os transportistas aparcasen para comer en algúns dos establecimentos da AC-552, para entrar, forzar a pechadura, normalmente de vehículos comerciais, e levar parte da mercancía. Conseguiron embutidos valorados en máis de 1000€ e bebidas por valor duns 250€, e ademais se lles investiga por outros delitos co mesmo modus operandi nos que puideron substraer 3 motosierras valoradas nuns 2400€ e diferentes pertenencias valoradas nuns 2500€.
O Equipo Roca da Garda Civil de Vimianzo procedeu investigación dunha parella de Carballo por estes delitos de roubos con forza e un de furto. A parella, con antecedentes policiais por delitos da similares en diferentes Concellos da Costa da Morte, foron xa inculpados e trasladados ás dilixencias ao Xulgado de Garda de Corcubión.
Novas relacionadas- Xuño 2017: Detido un condutor sin carné reicidente.
- Maio 2017: Detido un veciño de Fisterra por un suposto delito de tráfico de drogas.
- Maio 2017: Detido tras atracar un comercio en Cee a punta de coitelo.
- Maio 2017: Detido tras unha estafa online e un intento de roubo fallido en Correos.
- Maio 17: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Decembro 2016: Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico
- Artigo de Rosaura Romo: Máis alá do delito.
- Redacción QPC ([email protected])
- Garda Civil