Venres. 03.12.2021
El tiempo

É irreversible a construción da nova praia en Corcubión?

É irreversible a construción da nova praia en Corcubión?

Así se preguntan os veciños na vila de San Marcos ante as últimas novidades que saltan á voz pública, sen demasiada publicidade, sobre o asunto. O caso é que entre os políticos ninguén sabe nada, e todos din que só saben o que sae na prensa.

Dende o Grupo de Goberno do PSOE, o gran impulsor da obra, aseguran que o único que sabían era a publciación no BOE do 20 de novembro. Unha aprobación que chegaba a 3 días das eleccións, sen información pública e coa case total seguridade de deixarlle ao, naquel momento, próximo inquilino da Moncloa, un proxecto de máis de 1 millón de euros en tempos de crise que ademais contaba co rexeitamento da veciñanza e do pleno municipal. I é que en 2 ocasións se manifestou o pleno corcubionés en contra do proxecto, pero parece que isto non impide que o proxecto siga avanzando.

I é que sabiamos hai un par de semanas que o goberno central xa adxudicara a Tragsa as obras de traslado do caolín procedente da canteira de Vimianzo á praia corcubionesa. Así e todo, aseguran que esta aprobación xa vén de lonxe e non ten por que significar pasos adiante no proxecto.

A posición do PP de Corcubión

Chave é a posición do PP de Corcubión. Un PP local que se manifestou reiteradamente en contra do proxecto, e que manifestou o seu total apoio en varias ocasións ao Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión.

A voceira local Gema Freire mantén a súa postura. Así o afirmaba esta semana ao Colectivo, sinalando que non sabía nada da adxudicacion a Tragsa e apuntando que iso non ten por que significar un avance. "A nosa postura como PP local segue sendo á mesma, e se hai que manifestarse, nos manifestaremos. Nós non queremos a obra", reiterou Freire con rotundidade. "Gústanos Corcubión como está, queremos saneamento e queremos revivilo, porque a verdade está bastante morto, pero a praia non é a solución".

Foi máis alá e destacou que "A xente do noso partido, de máis arriba, é consciente da situación, e é consciente de que nós e o pobo de Corcubión non queremos praia artificial". Ademais "temos moi claro que o alcalde prevarica", lembrando o informe de alcaldía onde di que "en última instancia é o propio alcalde o que ten o poder de decidir". Para Freire, "iso é mentira, a última palabra tena o pleno e o que non se pode é facer unha obra en contra dunha corporación", sentencia.

Freire tira de outro argumento para tranquilizar á veciñanza. "Tal e como está o país non creo que haia nin para pipas", tendo en conta os tempos de crise.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios