Sábado. 15.08.2020
El tiempo

Emigrantes costeiros de segunda xeración deixan o testemuños sonoros na Fundación Luís Seoane

Alejandro Pan, Bruno García (arriba), Juan Pedro Álvarez, Antón Baleato e Rafael Rodríguez (abaixo), emigrantes costeiros polo mundo participantes nesta experiencia sonora da Fundación Luís Seoane
Alejandro Pan, Bruno García (arriba), Juan Pedro Álvarez, Antón Baleato e Rafael Rodríguez (abaixo), emigrantes costeiros polo mundo participantes nesta experiencia sonora da Fundación Luís Seoane
Emigrantes costeiros de segunda xeración deixan o testemuños sonoros na Fundación Luís Seoane

”Testemuñas no tempo” é o novo proxecto sonoro da Fundación Luís Seoane, dirixido polo herculino casado en Corcubión Alejandro Pan e Lidiss. Un arquivo de testemuños en formato podcast que pretente facer unha aproximación persoal aos galegos de segunda xeración que viven polo mundo.

Un proxecto que nace na sombra da pandemia e o confinamento, cando Pan, colaborador da Fundación, e a Directora do Museo de Arte Contemporáneo da mesma, Silvia Longueira, conversaban sobre a actividade Luís Seoane na radio. A posibilidade de crear un arquivo coas reflexións desta xeración que percorre o mundo coa vocación explorar, pero tamén coa necesidade de desenvolver a súa profesión lonxe da nosa terra, fixo que os promotores se decatasen polo formato podcast.

Son 6 pezas dunha hora de duración viaxando polo mundo, con 3 bloques definidos (un de caracterización persoal; outro sobre a situación socio-política do confinamento de cada país de acollida; e outro cunha reflexión persoal sobre o futuro inmediato) aderezados con música galega pero que teña fusión, reflectindo a globalización que vivimos. A fusión electro-galega de Baiuca; o trap galaico de Boyanka Kostoya; ou os caribeños Os Jinetes del Trópico poñen unha banda sonora ideal.

Para atopar estes testemuños Pan foi tirando tirando de coñecidos da Fundación, de xente que tivese algunha beca da Fundación Barrié, das xentes achegadas de Corcubión e de xente que vai tirando de xente.

Así, entre os protagonistas atopamos varios corcubioneses xa nados noutras partes do mundo. É o caso de Alejandro Pan (fillo do director do proxecto, e coñecido na zona como o neto de Rita, e bisneto de Rita de Lestón, de Corcubión), investigador na Universidade de Princeton. Alejandro fala no Capítulo 1 analizando o mundo “Anglosaxón”, falando sobre o acollemento que un emigrante vive en EEUU. Dase a situación que Alejandro ía casar este principio de xullo en Portugal, pero o peche de fronteiras manteno confinado ao outro lado do Atlántico.

No primeiro capítulo tamén fala Antón Baleato, astrofísico da Universidade de Cambridge, tamén con raíces costeiras, pois o seu avó era Plácido Lizancos de Fisterra, que tamén viviu a emigración por Venezuela.

No capítulo 2, que viaxa cara América do Norte, un dos protagonistas é Juan Pedro Álvarez, directivo dunha empresa de maquinaria na Cidade de Mexico, é tamén familia de Manolete, fillo de Marisa de Manolete, de Corcubión.

Xa está na rede tamén a terceira entrega, cunha viaxe a dous corazóns da Lusofonía, da man coruñés que leva 10 anos en Portugal, e unha traballadora relixiosa da Coruña, mestra no norte de Mozambique.

Quedan aínda dous capítulos por saír, que a Fundación irá publicando nos vindeiros luns. No capítulo 4, chamado “Veciñ@s”, viaxará con galegos de Marrocos, Francia e Portugal. Aí tamén estará outro corcubionés, Bruno García, médico en Francia, e fillo de Isabel “a Francesa”.

E no capítulo 5, o de peche, que versa sobre a emigración europea a Alemaña ou Suiza, falará o tamén  Rafael Rodríguez, fillo de Pili de Manolete, enxeñeiro corcubionés afincado en Noruega.

Estaremos atentos para colleitar estas reflexións.

Escoitar “Testemuñas no Tempo

 

Novas relacionadas

comentarios