Venres. 29.03.2024
El tiempo

A eterna lancha ás pedras de Santa Isabel

Lancha as pedras en Corcubion
A lancha pouco antes de afundir diante de Santa Isabel
A eterna lancha ás pedras de Santa Isabel

Volveu pasar. Outra lancha soltou amarras, polo temporal, no peirao de Corcubión, e foi parar ás pedras do pequeno curruncho de Santa Isabel. Unha nova demostración da necesidade de acometer a construción un porto mixto polo que tantos anos levan esperando, aínda que parece que a conselleira esqueceu as promesas feitas este pasado verán, pois a Xunta non incluíu ningunha partida os Orzamentos 2021..

Neste caso ademais, os propietarios non poderán salvar a embarcación. Ao estaren as embarcacións de Salvamento pendentes do paso do buque nuclear avariado ruso (saía onte das Canarias e anda a estas horas pola zona de Lisboa), non puideron socorrer o barco por mar, polo que afundiu.

Novas relacionadas

Sucesos

Comentarios